Suspéndese o concurso A Busca do Tesouro

Última hora: suspéndese a actividade A Busca do Tesouro.

Queremos agradecer a todos os establecementos participantes a súa colaboración e interese neste evento de dinamización do comercio en Carballo.

Esperamos que moi pronto poidamos facer outro e gustaríanos contar convosco!

Publicado en Uncategorized

Amplíase o prazo para inscribirse ata o 20 de xuño

O prazo para inscribirse como concursante na Busca do Tesouro amplíase ata o 20 de xuño. Tódolos nenos que queirades participar e optar ó premio dunha fantástica viaxe ó mundo máxico de Disney aínda estades a tempo de inscrivirvos. Esperámosvos!

 

disneyland-paris-vacation-300x200

Publicado en Uncategorized

Prazo pechado para os locais participantes

Rematou o prazo para os establecementos para inscribirse na actividade da Busca do Tesouro.  Hoxe empeza o prazo para que se inscriban os nenos e nenas que queran participar!

Publicado en Uncategorized

A busca do tesouro!

Novo concurso no concello de Carballo! Como xa viñemos anunciando hai unhas semanas, moi pronto terá lugar o concurso A Busca de Tesouro cun magnífico premio dunha viaxe a Eurodisney!

Queredes saber máis?

 

 

cartel 20 xuño

Publicado en Uncategorized

¡Gañadora do concurso!

Xa temos gañadora do concurso Check In Carballo!!! Paula Vázquez @pau_vazkez é quen disfrutará da viaxe a Estambul e Capadocia para dúas persoas!! Noraboa!!!

Queremos expresar o noso agradecemento a todos os concursantes e ós establecementos que fixeron que esta iniciativa fose posible.

#QuedamosEnCarballo!

 

 

Publicado en Uncategorized

Apúntate e gaña unha viaxe para dúas persoas por Estambul e Capadocia

anuncio periodico rev

Publicado en Uncategorized

Anuncio para o escaparate

Publicado en Uncategorized

#QuedamosEnCarballo

Publicado en Uncategorized

Ponse en marcha a campaña Check-in Carballo

O CONCELLO DE CARBALLO, co obxectivo de revitalizar o comercio de proximidade, propón o deseño e desenvolvemento dunha estratexia baseada nunha actividade de dinamización, o CHECK IN CARBALLO, que utiliza, ademais das instalacións dos comercios situados en Carballo, app gratuítas e amplamente difundidas.
Mediante o uso desta estratexia preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:
• Incentivar a compra no pequeno comercio de Carballo
• Atraer novos Clientes- Visitantes aos comercios.
• Xerar unha maior presenza en Internet dos establecementos
• Deseño e desenvolvemento personalizado da plataforma Carballo 2.0 segundo a imaxe corporativa do Concello

O obxectivo é que os clientes- visitantes entren nos establecementos de Carballo e compartan as súas impresións co resto de posibles visitantes- clientes.

A campaña durará do 1 ao 26 de abril, e invítase a todos a participar e conseguir a maior puntuación posible durante eses días no maior número de establecementos posible e así optar a un determinado premio.

Esta dinámica baséase no uso da app móbil gratuíta Foursquare. Durante o tempo que dure o CHECK IN CARBALLO, o usuario descarga o app e cada vez que entre nun establecemento (os comercios participantes previamente tamén deben introducirse na app) debe facer un chek-in e deixar a súa impresión.

Para o usuario, Foursquare convértese nun xogo; durante ese mes, cada vez que entra nun establecemento adherido vai sumando puntos, desbloqueando medallas, chegando a ser o que máis puntos ten e tratando de conseguir o premio.

QUÉ FAREMOS?
Os obxectivos específicos do CHECK IN CARBALLO serán:

• Premiar: Aquel usuario que faga uso do establecemento e marque o chek-in máis veces e en o maior número de comercios posible, será o gañador.
• Implicar e asociar os establecementos: Cantos máis establecementos estean en Foursquare, maior será a diversión, xa que pediremos ao usuario que interactúe con varios lugares para conseguir a recompensa.
• Unha visita guiada: faremos un itinerario con varios puntos para facer chek-in a modo de ruta polos comercios participantes.

O obxectivo para o Cliente- Visitante será conseguir facer moitos chek-in nos locais adheridos e conseguir un premio.

Publicado en Uncategorized
Sígueme en Twitter